-
MATEMÁTICAS EN INFANTIL
Nos cursos de Educación Infantil é imprescindible que os nenos proben, experimenten e xoguen. Como traballamos as Matemáticas na clase? Precisamente con esa filosofía: probar, experimentar e xogar. E case sen darnos conta estamos facendo series, asociando número e cantidade, traballando a lóxica… E ao mesmo tempo desarrollamos a psicomotricidade fina , aprendemos a respetar turnos e a colaborar cos compañeiros
-
VISITA AO MUSEO
Ao longo da semana foron chegando as fotos coas esculturas e pinturas do museo que máis lles gustaron a os peques. Con todas elas estamos facendo un mural na clase.
-
MEDIOS DE COMUNICACIÓN
Esta semana comezamos a estudar os medios de comunicación. Déixovos algúns vídeos para que os peques poidan profundar un pouquiño máis o aprendido na clase, e unhas adiviñas para xogar. LA HISTORIA DUNHA CARTA QUÉ SON OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN? ADIVIÑAS
-
SÍMBOLOS DA PAZ
PARA XOGAR EN FAMILIA Con este xogo podemos aprender algo sobre os símbolos da paz (cando xurdiron, onde, …)
-
COMEZA A NOSA SEGUNDA MISIÓN
Hoxe abrimos as cartas que nos chegaron do museo. No museo perdéronse tres pezas ,e temos que converternos en buscadores de arte para axudar a atopalas. Para iso contamos coa axuda dun visor, e unha acreditación de buscadores de arte. Para qué sera?
-
BENVIDO MARIO
Hoxe incorporouse o noso compañeiro Mario Tíñamos moitas ganas de coñecerte , seguro que seremos bos amigos Benvido!!!
-
UN DESPISTE DE ARTE
Nesta unidade traballaremos a arte. Para iso, os nenos embarcaranse nunha misión que os converterá en buscadores de arte e vivirán unha aventura no museo. Esta misión terá tres desafíos: Desafío 1-Atopar unha escultura Desafío2- Atopar unha pintura Desafío 3- Atopar unha antigüidade Algún dos contidos que imos a traballar son: Números:1, 2 Día/Noite Triángulo Series de 2 elementos O museo: obras de arte e decorativas Medios de comunicación: teléfono móbil, ordenador, carta, radio Letras: i,u,a
-
XOGAMOS COS NÚMEROS?
-
CARTEIRO REAL
O martes rematamos o trimestre do mellor xeito posible, o Carteiro Real pasou polo cole cando non estabamos (cumprindo as normas do protocolo covid), a recoller as nosas cartas e deixarnos unha merenda e unha mensaxe. Espero que disfrutedes en familia ca mensaxe do Carteiro Real Así de preparados chegaron o martes os “pequenos elfos” Qué boa estaba a merenda que nos deixou o Carteiro Real! Según dixeron eles:” Profe, este chocolate es el más rico del mundo” Agora toca disfrutar da familia, e repoñer as pilas para o vindeiro trimestre BO NADAL PARA TODOS!!!
-
BO NADAL!!!!
Así felicitan os peques o Nadal ás súas familias