-
XOGAMOS COS NÚMEROS?
-
CARTEIRO REAL
O martes rematamos o trimestre do mellor xeito posible, o Carteiro Real pasou polo cole cando non estabamos (cumprindo as normas do protocolo covid), a recoller as nosas cartas e deixarnos unha merenda e unha mensaxe. Espero que disfrutedes en familia ca mensaxe do Carteiro Real Así de preparados chegaron o martes os “pequenos elfos” Qué boa estaba a merenda que nos deixou o Carteiro Real! Según dixeron eles:” Profe, este chocolate es el más rico del mundo” Agora toca disfrutar da familia, e repoñer as pilas para o vindeiro trimestre BO NADAL PARA TODOS!!!
-
BO NADAL!!!!
Así felicitan os peques o Nadal ás súas familias
-
TALLER DE NADAL
Durante vaios días estivemos a traballar neste taller, pero o resultado mereceu moito a pena…. Fíxolles moitísima ilusión levar o seu arboliño para casa !!! Dante desde a casa tamén quiso facer o seu arboliño
-
SOMBRAS NA PAREDE
Sen dúbida cando o único que temos para xogar é as nosas mans e uns bos amigos, a creatividade e imaxinación xorden .E é neses momentos cando facemos grandes descubrimentos… E iso foi o que ocorreu no recreo de hoxe
-
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O Día Internacional das Persoas con Discapadidad foi declarado en 1992 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas mediante a resolución 47/3. O obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural. A celebración dos días Internacionais dannos a oportunidade de sensibilizar ao noso alumnado sobre temas de gran interese, tales como os dereitos humanos, o desenvolvemento sostible ou a saúde.
-
FOLLAS DE OUTONO
Durante estes últimos días estivemos a traballar coas follas que os peques trouxeron a clase. O primeiro que fixemos foi clasificalas por: tamaño, cor, forma,… E así decatámonos do diferentes que son todas as follas Cheirámolas… Escoitámolas… Fixemos estampacións… E rompémolas para facer unha colaxe
-
ANIVERSARIO DE IAGO
-
PINTAMOS CON XEO
Esta semana realizamos unha actividade que lles gustou moitísimo. Pintura con xeo!!
-
DÍA DA MILAGROSA
Onte todo o colexio celebramos o día da Milagrosa con distintas actividades