-
PANXOLIÑA 2019
Como tódolos anos, preparamos unha panxoliña fara felicitar o Nadal a todos os nosos familiares. Pero este ano querémola dedicar dun xeito especial ao noso amigo e compañeiro Diego.
-
NACEMENTO 2019
Xa temos montado o nacemento na aula. Este é o resultado do voso traballo, moitísimas gracias pola vosa colaboración!!!
-
ENSALADAS
Así de estupendas quedaron as ensaladas feitas por estes cociñeiros tan especiais. Foron ao mercado, elixiron os ingredientes,e fixeron a ensalada para toda a familia. Seguro, que ademais de disfrutar coa tarefa, aproveitaron para tomar algún alimento novo. Moitas gracias por participar .
-
ANIMAIS BAIXO TERRA
Estas son as aportacións feitas polos nosos peques para o rincón dos animais que viven baixo terra. Moitas grazas a todos!!! Pero de forma especial as manualidades feitas por. Carolina, Manu , e Olivia
-
DÍA DA MEDALLA MILAGROSA
O 27 de novembro é o día da Medalla Milagrosa. É un día moi especial para todos nos. Fumos a parroquia con todos os compañeir@s do colexio, pintamos á Virxen Milagrosa. E Sor Pilar convidounos a pan con chocolate .
-
DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA
O Día Universal do Neno, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo. É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento. UNICEF traballa todo o ano para conseguir cambios reais na vida dos nenos e as nenas, e o Día Universal do Neno é un momento clave para sumarnos a este chamamento mundial a favor…
-
NUTRICOLES
Hoxe recibimos a visita de Natalia, do programa Nutricoles. Con ela aprendemos a importancia de comer froitas e verduras, e o por qué das súas cores. : – as verdes, cúrannos as feridas por dentro. -as vermellas , son boas para o corazón. -as violetas, para a memoria. -as brancas, para que non entren xermes no noso organismo. -as amarelas e laranxa, para a vista e a pel.
-
TERCEIRO DESAFÍO
Comezamos o terceiro e último desafío…o apaixonante mundo terrestre. Quizais é un dos mundos que mellor coñecemos, pero esta misión vai demostrar o incrible que pode ser a vida baixo terra. Seguro que somos capaces de atopar ao terceiro animal. Sorte! Aquí vos deixo vídeos relacionados con este desafío:
-
BENVIDA SUSAN!
Xa chegou ao noso cole a auxiliar de conversa. Estará con nos varios días á semana. Chámase Susan e estamos encantados de que nos axude a falar en inglés. WELCOME SUSAN!!
-
APORTACIÓNS PARA O SEGUNDO DESAFÍO
Os nosos pequenos investigadores xa están atopando aves e insectos, libros ,… Moi bo traballo peques!!!