O mércores  comezamos a tarefa 3 do proxecto do corpo.

Nesta tarefa  imos aprender, entre outras cousas, cales son os mellores alimentos para o noso corpo.

E resulta que os máis ricos son os que menos debemos comer. Pero, se facemos os doces na casa son un pouco mellores. E , por iso, xurde a idea desta actividade.

Para facela pidemos axuda aos nosos compañeiros de 6º de primaria. E foi increíble a experiencia de compartir con eles.

Moitísimas grazas!!!

Deixar unha resposta