Hoxe tivemos a celebracion da aprendizaxe. Haberá moitas mais, pero esta sen dúbida, será especial xa que foi a primeira para todos: pais, nais, peques e profes.

Desde primeira hora percibíase no cole ledicia, ilusión e tamén uns pouquiños de nervios.

Como non podía ser doutro xeito, os nenos e nenas foron os protagonistas .E penso, que foron capaces de demostrar todo o aprendido ao longo deste proxecto.

Para min como titora foi moi gratificante poder presenciar ese momento dos nenos cos seus pais, con que ilusión os explicaban o seu portfolio…

Moitas grazas por estar pendientes daqueles nenos e nenas que non puideron ter aos seus pais na clase, moitas grazas polo voso esforzo por estar presentes, e moitas grazas por confiar en nos neste novo camiñar…

Deixar unha resposta