Hoxe comezamos a tarefa 3. Nesta tarefa imos investigar sobre a arte na prehistoria.

Comezamos tratando de dar resposta á pregunta: Cómo sabemos que animais existiron na prehistoria?

E foi así como chegamos ata os fósiles.

Un fósil defínese como calquera resto ou sinal dunha entidade biolóxica do pasado. É un concepto moi amplo, que vai máis aló dos ósos petrificados de dinosauros . Son fósiles tamén, por exemplo, as cunchas e caparazones de invertebrados prehistóricos, o zume preservado dunha árbore antiga —e os organismos que contén—, os excrementos preservados ou coprolitos, e mesmo as pegadas dun animal ao pasar por unha lameira, e que se conservan na roca que se formou despois.

Terminamos a xornada facendo uns fósiles con cunchas e buguinas

Deixar unha resposta