Temos novas aportacións para o rincón de Hawai:

Adriana trouxo unhas buguinas, e un debuxo dun Hibiscus brackenridgei , planta pertencente á familia das malváceas. É orixinaria de Hawai.

Aroa convidounos a noces de macadamia.Estas noces cultívanse principalmente en Hawai.

  • A noz de macadamia é un fruto  recomendado tanto para nenos como para adultos, e moi aconsellable especialmente para os deportistas xa que é moi enerxético.
  • Ten un sabor semellante ao coco, e a súa textura é suave.

E Brais fixo un fermoso Lei con gomets

Deixar unha resposta