Ao longo destes días foron chegando algunhas aportacións para o recuncho de Escocia:

  • Adriana localizou Escocia nun mapa, e fixo un bonito castelo.
  • David trouxo un debuxo do cardo gardián (flor nacional escocesa), e aproveitamos para disfrutar coa súa lenda.
    Por aquela época os países nórdicos estaban habitados por viquingos que tentaban expandirse por outras terras. E, como non podía ser doutra forma, Escocia foi unha destas terras desexadas. O rei normando Haakon ordenou a invasión do país, atacando Largs, unha poboación costeira situada na desembocadura do río Clyde.
    O plan viquingo era aproveitar a escuridade nocturna para cercar aos clans que conformaban o exército escocés na zona. Debían avanzar en absoluto silencio xa que a vixilancia escocesa era constante e calquera descoido espertaría as alarmas no exército local. Por iso avanzaban co mínimo, en silencio e descalzos na noite. E avanzaron ata que un dos guerreiros pisou un cardo de tal maneira que non puido reprimir un agudo berro de dor, cousa que alertou aos escoceses e a posterior batalla acabou evitando a invasión. Desde entón a esta planta chámana «o cardo gardián» e é o símbolo de Escocia.
    Desta lenda non existe ningunha proba, pero si que hai constancia de que esta planta xa se usaba como insignia da casa Stuart durante o reinado de Jacobo III e que, cando o rei James IV subiu ao trono en 1488, a planta xa era un emblema popular.
  • Manuel coloreou a bandeira de Escocia, e ao comparala coa galega  descubrimos que teñen as mesmas cores

 

Parabéns peques!!!

Deixar unha resposta