O luns comezaremos con este proxecto que traballa o medio natural e social.

Os nenos deberán iniciar unha misión que lles permitirá ser aprendices de apócemas e internarse nunha aventura de busca de ingredientes.

A misión deberán resolvela a través da planificación de tarefas. cada desafío é independente dos demáis

 

Comezaremos a misión coa apertura dunha mensaxe:

 

A través desta misión viaxaremos a lugares tan extraordinarios como: Escocia, Hawai, e o Ártico.

Algúns dos contidos que traballaremos son:

  • Números do 0 ao 4, e ordinais do 1º ao 4º
  • Tempo: día/noite
  • Formas: cadrado, triángulo, círculo
  • Series: 2 elementos e 2 atributos
  • Animais: aéreos, terrestres, mariños, polares
  • Fenómenos atmosféricos: chuvia, arco da bella, aurora boreal
  • Vida en sociedade: tipos de vivenda, vida noutros contornos-os inuits
  • Vogais
  • Recoñecemento e escritura do seu nome ( letra enlazada)

Deixar unha resposta