Hoxe rematou o noso primeiro curso xuntos.
Sen dúbida un curso moi especial , pero que a pesar de todas as circunstancias derivadas da pandemia, conseguimos rematar da mellor maneira posible.
Os inicios da clase de 3 anos nunca son doados, para moitos nenos e nenas é a primeira vez que se separan de papá e mamá. Este ano a maiores , eu non podía mostrar o sorriso co que tratar de dicir: non te preocupes…eu estou ao teu lado.
Pero os vosos peques foron uns auténticos campeóns que superaron todas as dificultades con creces.
Por iso hoxe quixemos facerlles ese pequeno homenaxe.
Non quero rematar este curso sen darvos as gracias a vos, pais e nais dos meus alumnos e alumnas.
Unha aperta enorme para todos e todas!
Deixovos un pequeno momento do día de hoxe: