Cuns tarros de cristal reciclados, plastilina e unhos bíteres fixemos estes lapiseiros tan bonitos.

Os bíteres  son  os opérculos dunhas caracolas e que serven para pechar a abertura da concha cando o animaliño se retrae cara o seu interior, facendo a función de porta que impida a súa seca e protexa a súa parte máis vulnerable.

Dende tempos ben antigos os bíteres gozan dun grande aprecio tanto a nivel ornamental como de amuleto para evitar males de ollo ou conquerir felicidade, amor e outras bondades.

Teñen dúas caras: unha plana de cor branco e co debuxo dunha  espiral e outra alaranxada, máis irregular e con forma como de orella humana .

Non son exclusivas de Galicia xa que podemos atopalas en moitas praias do mundo .

 

 

Deixar unha resposta