Comezamos o último trimestre do curso cunha nova misión. Esta unidade traballa a ciencia e a tecnoloxía.Os alumnos/as embarcaransa nunha misión que os converterá en axudantes dunha científica e vivirán unha aventura relacionada coa auga e unha máquina moi especial.

Algúns dos contidos que imos traballar son:

  • Corpo: esquema corporal, partes da cara
  • Percepción sensorial: áspero/suave, liso/rugoso
  • Numeración: número 3, ordinais:1º,2º,3º
  • Formas: círculo
  • Lóxica: clasificación en 3 grupos, secuencia temporal, resolución de problemas
  • A auga: formas da auga na natureza, usos da auga, coidado e aforro,contaminación
  • Linguaxes: vogais, comprensión de historias, actividades prelingüísticas e lingüísticas…

 

Deixar unha resposta