“Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño”. ( Mahatma Ghandi)
O 30 de xaneiro celébrase este día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura da non violencia e paz.
A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. En el Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.
Nese día celébrase o aniversario da morte do Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.
Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.
O Día da Paz, pola súa temática xeral de non violencia, resolución de conflitos e convivencia, pode traballarse en todos os niveis educativos desde Educación Infantil ata Bacharelato. (UNICEF)
Estos son o conto e a canción que traballamos:
CONTO: VAIA RABIETA
CANCIÓN: CONTÁXIAME A TÚA PAZ
FELIZ DÍA DA PAZ PARA TODOS!!!!!!