O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro desde o ano 1997. Este día naceu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios/ as.

 

O venres celebramos o Dia da Biblioteca, e aproveitamos para coñecer a do noso colexio.
Para moitos foi a primeira vez que acudían a unha biblioteca, aprendemos como hai que comportarse cando estamos nunha, como coidar os libros, coñecemos ao profe Javi (o noso bibliotecario), a Lucho (a mascota da bibioteca), e sobre todo…gozamos co conto “A princesa …”
Fomos moi contentos coa promesa de que pronto poderemos volver e levarnos un conto a casa para ler coa familia.

Deixar unha resposta