Na próxima semana comezaremos coa primeira misión:”Descubrir de quen son as pegadas que aparecen no colexio”.
Esta misión conta con 3 desafíos:
- Descubrir a pegada dunha persoa
- Descubrir a pegada dun animal
- Descubrir a pegada dunha planta
Nesta unidade, traballaremos o colexio, o corpo, os animais e as plantas. Os nen@s irán coñecendo e controlando cada vez máis o seu propio corpo: diferenciarán o seu sexo, mellloraran os seu desprazamentos e realizarán actividades de carácter lúdico con cancións e xogos, fomentando o compañeirismo, a amizade e a identificación co grupo.
Outros contidos:
- Cuantificadores: moitos/poucos
- Tamaño: o máis grande/o máis pequeno
- Tempo: antes de / despois de
- Formas: cadrado/ liña recta e curva
- Orientación espacial: dentro de/ fóra de
- Emocións: ledicia/tristeza
- Nome: recoñecelo entre outros
- Número 1: enumerar conxuntos dun elemento e iniciarse na súa realización gráfica
- Letra “i”: recoñecela e iniciarse na súa realización gráfica