O paso de Infantil a Primaria

O paso de Infantil a Primaria é un dos grandes acontecementos para os nen@s.

A partir de agora, os peques adquiren unha nova visión da responsabilidade, se senten máis maiores e saben que se terán que enfrontar a materias máis complicadas. O papel dos pais e nais é crucial nestes momentos.

Este cambio de etapa vai ser moito máis fácil do que vos parece a todos neste momento. Aquí déixovos algúns pequenos consellos:

1. Ten un discurso positivo. Os pais e nais deben motivar aos seus fillos cara ao novo en todos os sentidos, para que se enfronten a esta nova etapa con tranquilidade e normalidade.

2- Alisa o terreo. É importante que vaiamos falando aos nenos do cambio que vai supoñer pasar de Infantil a Primaria antes de que chegue o primeiro día, para que o afronten dunha maneira máis fácil.

Outra estratexia útil é contarlles aos nenos como foi o teu primeiro día de Primaria, sempre de forma positiva, para que collan confianza. Tamén se lles pode entusiasmar indo comprar os libros xuntos ou deixándolle escoller as actividades extraescolares.

3-Le co teu fillo. Neste momento, os nen@s xa arrincaron a ler e están a empezar a lectura comprensiva. Na lectura apóiase o resto da aprendizaxe, de maneira que se o neno afaise e colle afección a ler, non fracasará académicamente, terá maior vocabulario e falará con máis fluidez. É bo que lea en voz alta e que os pais lle pregunten sobre o que leu, para supervisar que o entenderon.

E para terminar…espero que tanto os nenos como vós, papás e mamás, comecedes esta nova etapa con moita ilusión e optimismo.

Un abrazo

Deixar unha resposta