Curso 2019-20,  Día do medio ambiente

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

En 1972, Nacións Unidas proclamou o 5 de xuño como Día Mundial do Medio Ambiente. A idea é que todos actuemos para asegurarnos agora e no futuro un hábitat máis limpo, verde e san.

Este é un gran día para celebrar cos nenos e nenas a beleza da natureza e ensinarlles algunhas cousas que podemos facer para protexela. 

  • Pídelle  ao teu fillo que te axude a reciclar.
  • Un día sen coche. Explícalle ao teu fillo o valor da enerxía e por qué para celebrar o Día Mundial do medio Ambiente, ides desprazar en bicicleta ou en transporte público.
  • Organiza unha saída a un parque con bolsa e luvas para todos. Trátase de recoller todos os obxectos non biodegradables que atopedes no camiño.
  • facer o seguinte experimento para entender o significado de biodegradable.

Experimento:

Necesitamos 2 vasos baleiros de iogur cheos de terra húmida.
Nun deles, enterraremos un anaco de plástico e no outro unha folla.
Déixase en repouso durante dúas semanas ou máis coidando de que a terra se manteña húmida.
Logo, obsérvase o contido dos dous vasos e explícase porqué a folla estase desintegrando.

  • As plantas son o pulmón da terra. Confecciona co teu fillo un pequeno xardín caseiro. Ensínalle a facer esquexes e plantar sementes.
  • Leelle contos sobre “Como salvar o planeta”

Deixar unha resposta