O 9 de maio celebramos un día moi especial nos colexios vicencianos: a festa de Santa
Luisa de Marillac, un gran modelo ante o mundo do que se debe facer e de como se debe
realizar a caridade.
Santa Luisa de Marillac foi unha muller decidida e valente; intelixente e constante, viúva, nai e
cofundadora xunto a San Vicente de Paúl das Fillas da Caridade.
Foi unha superheroína na súa época: visita a pobres, acolle a nenos, atende a rexións en guerra, funda asilos para pobres, enfermos mentais… e numerosas obras de caridade.
Destacou pola súa entrega incondicional
cara aos demais cumprindo a misión que Divos encomendáralle.