Ola! Que tal levades a corentena? Apetécevos reciclar un intre e crear un futbolín? Montar un xoguete cunha simple caixa de zapatos, é un plan estupendo cando hai que quedar na casa . As posibilidades dunha caixa de cartón son infinitas. Queredes ver como se fai?
MATERIAIS:
Caixa de zapatos (ou cartón para darlle forma de caixa)
Pinzas da roupa.
Rotuladores e cera branca.
Palitos de madeira (espetadas)
Tesoiras .
Malla de froita.
Pistola de silicona, ou cola.
Cartolina verde (folios verdes ou pintura de cor verde)
Regra.
Bólas de colar ou corchos.
PASO A PASO
(Para facer algúns pasos precisades a axuda dun adulto)
1. Medir o fondo da caixa, cortar a cartolina acorde ás medidas obtidas
2. Debuxar coa cera branca o terreo de xogo, e pegar no fondo da caixa.
3. Cortar as frontes da caixa para realizar as porterías.
4. Pegar a malla de froita á portería.
5. Crear os equipos de futbol combinando cores.
6. Introducir os palitos de madeira por un lateral da caixa, seguidamente as pinzas e despois sacar a espetada polo outro lateral da caixa.
7. Selar as pinzas con silicona quente para que queden fixas.
8. Pegar as bólas de madeira ou corchos, nos extremos dos palitos de madeira, e así teremos uns puños chulos.
Por certo,…sabedes que o inventor do futbolín foi un galego chamado Alejandro Campos Ramirez?