Son moitas as horas que temos que pasar na casa ,esta é unha boa ocasión para facer actividades cos nosos nenos.

Cociñar axúdalles a crear experiencias prácticas como a lectura, seguir indicacións e axuda tamén a que mantengan a concentración. As actividades de cociña son boas para mellorar a capacidade de motricidade, a coordinación e os conceptos básicos das matemáticas. Aínda que tamén é unha actividade perfecta para unir á familia, xa que te axuda a levar unha relación de comunicación e confianza.

A responsabilidade tamén é algo que se lles inculca na cociña, xa que  ao finalizar deben gardar e lavar todo o utilizado,é un habito importante e que si desde pequenos se lles inculca á larga será de gran importancia na súa vida.

 

Para hoxe propongo preparar un postre para toda a familia:

 

“PALMERITAS DE FOLLADO”
Ingredientes

● Un paquete de follado (hojaldre) .
● Unha cunca de azucre.
● Unha cullerada de aceite de oliva.

Preparación
1.Estiralo follado cun rodete de pastelería ata obter unha folla duns 3 mm de grosor.
2. Esparexer o azucre sobre a superficie e enrolar por unha banda ata a metade da folla de masa. Enrolar polo lado oposto tamén ata a metade.
3. Cun coitelo humedecido cortar en toros de 1/2 cm de grosor. Estendelas sobre unha placa de forno forrada con papel parafinado (de forno) lixeiramente untado con aceite.
4. Enfornalas a temperatura máxima durante uns 7 minutos.

 

Deixar unha resposta