A semana pasada coñecimos como foi o inicio do cinema. Como as primeiras películas non tiñan cor ,nin son.
Poderá gustarnos a cine muda?
Polas cariñas que teñen parece que si
O cinema é unha fonte de transmisión de valores de diversa índole, tanto cultural e social, como de valores educativos e emocionais. A responsabilidade de poder reflexionar sobre aquilo que os nenos e nenas van percibir correspóndenos aos adultos de referencia e será algo fundamental para desenvolver o seu espírito crítico e posuír unha cultura da imaxe que permita reflexionar conxuntamente sobre o visto externa e internamente.
Doutra banda, debemos ter en conta a identificación como parte do proceso de desenvolvemento do ser humano, formada a partir de aspectos sociais, culturais, emocionais e interpersoais e dos que nos nutrimos desde a infancia para construírnos como persoas.
O cerebro é empático e demóstrano os estudos relacionados co descubrimento das neuronas espello e, recentemente, tamén co cinema. De modo que o neno, ao ver imaxes na pantalla, vese proxectado nos personaxes, aínda que a historia que se relate sexa moi diferente á súa realidade.
O poder identificarse con diferentes personaxes e atopar estratexias para resolver os seus conflitos achegan un gran valor interno xa que facilitan o acceso a situacións nos que o neno pode proxectarse e verse a si mesmo desde fóra. Isto axudaralle a poder entenderse e poñer distancia aos conflitos ou emocións propias tendo un maior control sobre as mesmas.