Celebracións,  Curso 2019-20

SAMAÍN

Achégase a noite do 31 de outubro. Todos os galegos apreciamos esta data desde moito antes de que,  a celebración do Halloween se exportase, na súa versión estadounidense, coma se fose orixinaria daquel territorio. E é que aquí o Samaín forma parte da tradición máis enraizada e enxebre da nosa terra.

 O Samaín foi a orixe de todo. En gaélico, Samhain significa «fin do verán», pois os antigos celtas celebrábano nese momento de transición do estío ao inverno. Esta celebración milenaria ten lugar cada ano, durante a noite que vai do 31 de outubro ao 1 de novembro, nunha desas datas nas que se conta que é máis fácil transitar entre dous mundos: o dos vivos e o dos mortos.

O Samaín configuraba o Ano Novo celta. Os pobos celtas consideraban que o ano estaba dividido en dous partes: unha escura, que se inica na noite de Samaín, e unha clara, que se incia na noite de Walpurgis, coa festa de Beltane, entre o 30 de abril e o 1 de maio.