Celebracións,  Curso 2019-20

DIA DA BIBLIOTECA

Desde 1997 a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil promove esta celebración en recordo do incendio da Biblioteca de SaraJevo durante o conflito dos Balcáns en 1992. Tras este brutal ataque, o médico e historiador croata Mirko D. Grmek acuñou o termo memoricidio para definir a destrución da memoria e o tesouro cultural do “outro”, do adversario, do inimigo.

Bibliotecas públicas, privadas, universitarias, especializadas, escolares, nacionais, móbiles… Todas elas albergan grandes tesouros, e destruílas ou non protexelas, que vén ser o mesmo, é un memoricidio a pequena ou gran escala.

E unha das mellores maneiras de protexelas é dalas a coñecer, abrir as súas portas, mostrar os seus recunchos máis escondidos, extraer os seus documentos dos fríos estantes e poñelos en mans dos lectores. E, sobre todo, falar e facer que se fale delas.

Por iso é tan importante este día e as celebracións que se propoñen desde diferentes ámbitos.