Celebracións,  Curso 2019-20

DOMUND

A semana pasada comezamos cos actos relacionados co sía do Domund que se celebra o 20 de outubro:

  • O martes 15 de outubro visitounos Robertus Kardi, misioneiro indonesio para explicarnos un pouco a realidade que se vive en outros países pouco desenvolvidos.
  • Durante esta semana os días 21,22, e 23 participaremos na tómbola misioneira que organizan os compañeiros de 6º de primaria

Dende aquí quero dar as grazas a todas esas persoas anónimas polo seu servizo; e recordar que nós, na nosa vida, na familia, no traballo… tamén podemos ser misioneiros axudando a aquelas persoas que o necesiten.

Un recordo especial a misioneira Ana López Castaño.